Queremos un Carballo acolledor e aberto. Isto obliga a unha atención especial aos barrios que máis o necesitan e á zona rural, mediante actuacións que permitan alcanzar unha maior cohesión social e un equilibrio territorial, de xeito que non existan as desigualdades actuais por razón do lugar onde se viva, en materia de infraestructuras, servizos e acceso ás novas tecnoloxías.
Apostamos por espazos públicos de calidade, pola mellora da paisaxe urbana coa dotación de mobiliario adecuado, continuando o modelo iniciado en Carballo polos anteriores gobernos do Partido Popular.
Queremos rematar, salvagardando os dereitos de todos, a revisión do Plano Xeral de Ordenación Muncipal que o actual goberno non quixo ou non foi capaz de facer en oito anos, e dotar á normativa urbanística dunha total transparencia para que os cidadáns coñezan as normas e criterios que rexen a ordenación urbana e o seu desenvolvemento. Pretendemos a súa simplificación e a súa claridade. Queremos, en definitiva, facer un desenvolvemento urbano xestionado con transparencia e pensado para o benestar de todos os cidadáns.
O noso lema: Carballo, unha cidade para vivir, unha cidade para convivir.
Revisión do PXOM con carácter inmediato.
Completaremos os servizos e infraestructuras no rural para que todos os cidadáns teñan as mesmas oportunidades con independencia do lugar onde vivan.
No primeiro ano de mandato elaboraremos un Plan Integral de Auga e Saneamentos e outro de Vías Públicas, programando e priorizando os investimentos.
Ronda Leste, para comunicar a estrada de Santiago coa de Coruña, e Ronda Sur, para enlazar a estrada de Santiago coa de Fisterra.
Prolongación das rúas Perú e Luis Calvo ata o Parque Industrial e A Revolta.
Plan de Aglomerados no casco urbano e no rural. Sustituir progresivamente o pavimento de tódalas rúas do casco urbano por aglomerado asfáltico, así como as principais vías de comunicación dos núcleos rurais.
Plan de Beirarrúas, consistente na construcción de novas beirarrúas, reposición e mantemento das existentes na zona rural e no casco urbano.
Reclamar da Diputación a remodelación integral da travesía da estrada Carballo-Santiago e a mellora da conexión Razo-Malpica.
Reclamar da Xunta de Galicia a ampliación da travesía ata A Revolta, a mellora da travesía de Bértoa e a construcción da 3ª fase da Vázquez de Parga.
Negociar coa Xunta a planificación dunha nova vía de conexión directa do Parque Industrial de Bértoa co porto exterior de Punta Langosteira
Desenvolveremos un urbanismo comercial de calidade. O mobiliario urbano renovarase utilizando criterios de calidade.
Plan de rexeneración estética de Carballo. Favorecer concursos de ideas para a rexeneración urbanística de determinadas zonas.
Aplicaremos beneficios fiscais para as obras de adecentamento de fachadas en edificios de máis de 25 anos.
Firmaranse convenios para rehabilitar edificios e destinalos a vivendas de aluguer para xóvenes
Tomaremos as medidas necesarias para garantir unha vixilancia da legalidade urbanística, como mellor xeito de asegurar un tratamento obxectivo e integral para todos.
Impulsaremos, respectando os parámetros de sostenibilidade territorial, a realización de actividades turísticas e de ocio no contorno do espazo natural de Razo-Baldaio.
Concertación de convenios coas entidades bancarias locais co obxectivo de acadar uns tipos competitivos nos préstamos e unha diminuición nos custos derivados dos trámites derivados da constitución de hipotecas por mozos e mozas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario