Despois da satisfacción da viaxe de onte ó mitin da Coruña (8 autobuses e moral a tope), hoxe empezou a xornada coa colocación da carpa na rúa Coruña, máis contacto cos veciños e reparto de programas e chocolate. Houbo momentos en que as persoas que se acercaban a saudar a Alberto e ós demáis candidatos do Partido Popular bloqueaban a rúa. E non só era polo chocolate, non sexades mal pensados. Polos comentarios que nos facían, percíbese que a xente está moi queimada con este goberno e pide un cambio xa. Como dixo unha señora: "Evencio e Andrade levan aí toda a vida, e vai sendo hora de que marchen xuntos con Zapatero." E outra moza: "Fai falta que entre o PP para que poña remedio a esto."
Á 1 da tarde chegou a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, e con ela fomos repartir máis chocolate e programas polas rúas de Carballo. Tamén visitamos a carpa da Festa do Pan.
E para rematar o día, ás 9 toca mitin en Sísamo. Mañán será Artes (mitin ás 9 na escola) e pasado centrarémonos en Carballo, polo barrio de San Cristovo, rematando con outro mitin no restaurante Punta del Este.
Gracias a todos/as pola calor que nos estades dando.
|
Carlos Negreira chegando ó mitin |
|
O Coliseo totalmente cheo, antes de empezar o mitin |
|
Algúns dos autobuses que transportaron á xente desde Carballo, de volta á casa |
|
A animación era grande ó lado da carpa do PP |
|
Marga Varela, Aurelio Núñez Centeno, Pilar Farjas e Alberto Sueiro |
|
Pilar Farjas apoiando ó PP de Carballo |
No hay comentarios:
Publicar un comentario