miércoles, 11 de mayo de 2011

Programa do Partido Popular de Carballo (II). Austeridade.

Carballo necesita un goberno eficaz, centrado en dar resposta aos problemas reais da xente e que sirva ó interés público. O noso tempo pide facer más con menos, eliminar o superfluo, actuar con responsabilidade e lograr unha mellor administración dos recursos de todos. Os grandes proxectos só poden levarse a cabo con éxito cando as administración públicas son austeras.


*   Rigor e solvencia no gasto. Eliminaremos o despilfarro e os gastos superfluos. Faremos máis e mellor con menos gasto.

*    Reduciremos á metade o gasto en soldos de políticos e personal de confianza.

Os 750.000 € que se aforrarán irán destinados a medidas concretas de apoio á actividade empresarial e á creación de emprego.

*  Xunto cos principios de austeridade e eficiencia, a política económica do Concello de Carballo basearase no principio de estabilidade presupostaria.

Promoveremos un retorno á senda –que nunca se debeu abandonar– da disciplina presupostaria e da estabilidade. Os datos indican que o Concello de Carballo pasou de ter un Remanente Líquido de Tesourería (magnitude que reflicte a situación financeira real e o marxe de maniobra con que conta o Concello) positivo en máis de 2 millóns de euros no último ano de goberno do Partido Popular, a ter un Remanente negativo -por primeira vez na historia– en cada un dos dous últimos exercicios. Esto é unha consecuencia directa da mala xestión económica dos recursos públicos levada a cabo polo goberno local nacionalista-socialista, e a esto poñeralle remedio o Partido Popular.

*   Políticas de coordinación supramunicipal, en particular coa Laracha e Coristanco para aforrar custos.

Plantearemos a realización de convenios entre concellos, destinados a realizar servicios comúns y a cubrir necesidades concretas no exercicio das competencias municipais, mediante o intercambio de medios humanos y materiales e a contratación conxunta de bens, obras e servizos.

*     Plan estratéxico de racionalización do gasto corrente para mellorar a aplicación dos fondos destinados a atender os gastos de funcionamento da administración municipal.

*     Emplearemos procedementos de contratación e adxudicación que permitan un abaratamento dos prezos.

O actual goberno municipal de Carballo abusa do procedemento de contratación negociado sin publicidade, invitando só a determinadas empresas. A pública concurrencia baixa os prezos. De terse optado polos concursos públicos abertos, teríase conseguido unha rebaixa media do 20% sobre o prezo de licitación, sobrecusto que os carballeses aforraríamos.


No hay comentarios: