domingo, 15 de mayo de 2011

Programa do Partido Popular de Carballo (VII). Medio ambiente.



*      Gran Parque Metropolitano do Bosque.

*      O Partido Popular deseñou, elaborou o proxecto e conseguí a financiación necesaria para realizar o actual paseo fluvial do Anllóns. Agora ampliaremos o Paseo Fluvial do Anllóns ata o Muiño da Cheda.

*      Hai Carballeira! Creación dunha gran carballeira que se fará árbore a árbore. Por cada carballés/a que naza, o concello prantará un carballo (ou outra árbore autóctona) que levará o nome do neno/a. Faremos unha gran carballeira da que todos nos sentiremos partícipes.

*      Novo paseo marítimo dende a Pedra do Sal ata o límite coa Laracha (3,5 km.), para enlazar co de Caión.

*      Implantaremos novas zonas de xogos infantís no Parque do San Martiño, na praza da Horta de Romay e na Horta do Casino.

*      Conseguir unha nova praza pública e zona verde no espazo lindante coa rúa Concepción Arenal, con saídas ás rúas Colón e Vázquez de Parga.

*      Plan de semipeonalización de rúas.

*      Aula da Natureza na Férveda de Entrecruces.

*      Desenvolvemento e promoción do espazo natural Razo-Baldaio como recurso turístico e de lecer.

*      Fomentaremos a separación en orixe dos residuos sólidos urbanos, xeneralizando a recollida selectiva mediante unha maior dotación de contedores nos barrios e parroquias.

*      Avanzaremos cara a progresiva implantación de contedores soterrados.

*      Continuaremos coa eliminación de vertedoiros incontrolados e a conseguinte rexeneracion dos espazos que ocupaban.

*      Implantaremos programas de compostaxe doméstico, distribuindo composteiros á poboación .

*      Crearemos puntos de recollida de aceites usados de uso doméstico, para o seu reciclaxe como biocombustible.

*      Estenderemos a elaboración de ordenanzas municipais e a vixiancia para loitar contra a contaminación acústica.

No hay comentarios: