Segundo indican periodistas tan reputados na investigación de fenómenos paranormais como JJ Benítez, Iker Jiménez e o mismísimo Dr. Jiménez Del Oso, parece ser que os extraterrestres son autores de varias obras aparecidas en Carballo cuxa orixe, obxecto e finalidade ninguén se explicaba ata agora.
Son obras que teñen pai e nai (ou pai e pai, como prefiran), pero que ninguén quere asumir como propias -coma o que renega dos seus fillos-, malia o seu abultado custo, que supera os centos de miles de euros. Por máis que buscamos, non atopamos ningunha referencia a estas magnas construccións na luxosa e cara revista editada a toda cor polo BNG para vender os seus supostos logros.
¿Realmente non terá nada que ver co asunto o Sr. Ferrero? ¿Serán realmente obras legadas por unha avanzada civilización (é un decir) extraterrestre prehistórica? Vexan o vídeo para saír de dúbidas:
No hay comentarios:
Publicar un comentario