O Partido Popular sempre defendeu e defenderá ó comercio e ás medianas e pequenas empresas locais como verdadeiros xeradores de emprego.
Crearemos a Oficina Municipal de Apoio ó Comercio (OMAC) para poñer a disposición dos comerciantes un servizo de información, asesoramento, canalización de suxerencias e solicitudes, formación, estudo de viabilidade de proxectos e nichos de mercado, investigación e axilización de trámites.
Promoveremos campañas publicitarias orientadas ó exterior, dentro e fóra da comarca, para fomentar a imaxe da Carballo como gran centro comercial.
Solución global ó problema de aparcamento. Aparcadoiros públicos que cubran tódalas zonas de Carballo (zona centro, zona r/ Barcelona - Fomento, A Milagrosa, Zona r/ Gran Vía).
Hai que deixar de poñer parches e afrontar o problema con planificación e visión de futuro.
O Partido Popular fixo propostas que non foron tidas en conta polo goberno: aparcamentos en altura e parkings soterrados en sitios céntricos: San Martiño, Horta do Casino, prolongación da rúa Gravador Manuel Facal.
Desenvolveremos un urbanismo comercial de calidade, mellorando a iluminación de rúas, paneis informativos, creación de zonas semipeonís e ampliación de beirarrúas dotadas con mobiliario urbano adecuado (bancos, xardineiras, etc.).
Bonificacións municipais no IBI para os propietarios de locais comerciais baleiros que inscriban os seus locais na Rede municipal de Locais Comerciais e os aluguen a xóvenes menores de 35 anos.
Crearemos unha nova zona semipeonil nos Baños Vellos, mellorando a habitabilidade con mobiliario urbano de calidade.
Creación da Rede municipal de Locais Comerciais, para procurar unha base de datos accesible que facilite o seu aluguer.
Rendibilizar as feiras como valor estratéxico da economía local, para crear sinerxias que favorezan o conxunto da actividade comercial. Promover a incorporación de oferta de novos productos (artesanía, productos biolóxicos, etc.).
Organizaremos dúas grandes Feiras de Ofertas anuais, onde o comercio local poida liquidar os seus productos a finais de temporada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario