sábado, 14 de mayo de 2011

Programa do Partido Popular de Carballo (VI). Urbanismo e equilibrio territorial.


Queremos un Carballo acolledor e aberto. Isto obliga a unha atención especial aos barrios que máis o necesitan e á zona rural, mediante actuacións que permitan alcanzar unha maior cohesión social e un equilibrio territorial, de xeito que non existan as desigualdades actuais por razón do lugar onde se viva, en materia de infraestructuras, servizos e acceso ás novas tecnoloxías.


Apostamos por espazos públicos de calidade, pola mellora da paisaxe urbana coa dotación de mobiliario adecuado, continuando o modelo iniciado en Carballo polos anteriores gobernos do Partido Popular.

Queremos rematar, salvagardando os dereitos de todos, a revisión do Plano Xeral de Ordenación Muncipal que o actual goberno non quixo ou non foi capaz de facer en oito anos, e dotar á normativa urbanística dunha total transparencia para que os cidadáns coñezan as normas e criterios que rexen a ordenación urbana e o seu desenvolvemento. Pretendemos a súa simplificación e a súa claridade. Queremos, en definitiva, facer un desenvolvemento urbano xestionado con transparencia e pensado para o benestar de todos os cidadáns.

*      O noso lema: Carballo, unha cidade para vivir, unha cidade para convivir.

*      Revisión do PXOM con carácter inmediato.

* Completaremos os servizos e infraestructuras no rural para que todos os cidadáns teñan as mesmas oportunidades con independencia do lugar onde vivan.

*      No primeiro ano de mandato elaboraremos un Plan Integral de Auga e Saneamentos e outro de Vías Públicas, programando e priorizando os investimentos.

*      Ronda Leste, para comunicar a estrada de Santiago coa de Coruña, e Ronda Sur, para enlazar a estrada de Santiago coa de Fisterra.

*      Prolongación das rúas Perú e Luis Calvo ata o Parque Industrial e A Revolta.

*  Plan de Aglomerados no casco urbano e no rural. Sustituir progresivamente o pavimento de tódalas rúas do casco urbano por aglomerado asfáltico, así como as principais vías de comunicación dos núcleos rurais.

*   Plan de Beirarrúas, consistente na construcción de novas beirarrúas, reposición e mantemento das existentes na zona rural e no casco urbano.

*      Reclamar da Diputación a remodelación integral da travesía da estrada Carballo-Santiago e a mellora da conexión Razo-Malpica.

*      Reclamar da Xunta de Galicia a ampliación da travesía ata A Revolta, a mellora da travesía de Bértoa e a construcción da 3ª fase da Vázquez de Parga.

*      Negociar coa Xunta a planificación dunha nova vía de conexión directa do Parque Industrial de Bértoa co porto exterior de Punta Langosteira

*      Desenvolveremos un urbanismo comercial de calidade. O mobiliario urbano renovarase utilizando criterios de calidade.

*  Plan de rexeneración estética de Carballo. Favorecer concursos de ideas para a rexeneración urbanística de determinadas zonas.

*      Aplicaremos beneficios fiscais para as obras de adecentamento de fachadas en edificios de máis de 25 anos.

*      Firmaranse convenios para rehabilitar edificios e destinalos a vivendas de aluguer para xóvenes

*  Tomaremos as medidas necesarias para garantir unha vixilancia da legalidade urbanística, como mellor xeito de asegurar un tratamento obxectivo e integral para todos.

*      Impulsaremos, respectando os parámetros de sostenibilidade territorial, a realización de actividades turísticas e de ocio no contorno do espazo natural de Razo-Baldaio.

*      Concertación de convenios coas entidades bancarias locais co obxectivo de acadar uns tipos competitivos nos préstamos e unha diminuición nos custos derivados dos trámites derivados da constitución de hipotecas por mozos e mozas.


Reivindicando o valor da nosa costa

Un magnífico día, con vento do nordés, para dar un paseo co conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández. O tramo entre a Pedra do Sal e o límite do concello da Laracha ten unha paisaxe que hai que poñer en valor. Agustín Hernández quedou convencido do potencial desta franxa litoral, e esperamos contar co apoio do seu departamento para facer realidade un paseo marítimo que sirva para potenciar turística e medioambientalmente esta zona esquecida do noso litoral.

Alberto Sueiro, o conselleiro Agustín Hernández e o teniente de alcalde da Laracha, José Ramón Martínez. Empezamos o camiño no límite co término municipal da Laracha.

Un momento do paseo. Ó fondo, Leira


Despois de 35 minutos andando a bo ritmo, xa estabamos cerca da Pedra do Sal

Uns momentos de conversación antes de xantar

Coa tarta do PP de Carballo 

"Teño unha pregunta para Alberto"


Por primeira vez, un candidato á alcaldía de Carballo someterase ás preguntas que lle queiran formular os seus conveciños e conveciñas. Calquera cidadán lle poderá preguntar a Alberto Sueiro o que estime oportuno, libremente e sen cortapisas.

“Teño unha pregunta para Alberto” será o próximo martes, 17 de maio (Días das Letras Galegas), no xardín municipal de Carballo, a partir das 12 da mañán. É un acto público e aberto, ó que invitamos a asistir a todos aqueles que o desexen.

A partir de dita hora, os cidadáns poderán interrogar ó candidato do Partido Popular sobre todo tipo de cuestións, sendo respondidas por Alberto Sueiro a partir das 12:30 e durante o espazo dunha hora.

En principio, para darlle axilidade ó acto e posibilitar que participe o maior número de asistentes, cada persoa poderá formular unha pregunta. Os autores poderán lelas por si mesmos ou delegar no moderador. Neste último caso, únicamente se lles pedirá que conste o nome de quen faga a pregunta. Como é natural, Alberto Sueiro non terá coñecemento previo das cuestións que lle vaian a ser formuladas polos asistentes.

Tamén se poderán enviar preguntas por correo electrónico á dirección ppcarballo2011@gmail.com. Neste caso, será necesaria a presencia no acto de quen faga a pregunta para que esta sexa respondida.

As preguntas serán seleccionadas, tendo en conta exclusivamente o seu interés periodístico, por Toni Longueira, xornalista de La Voz de Galicia, quen será o presentador e moderador do acto. O seu papel limitarase a dar xogo, tendo claro que os protagonistas serán os cidadáns e o candidato. Co único fin de facer a selección das preguntas, estas deberán estar feitas por escrito, para o que haberá tarxetas e bolígrafos a disposición dos asistentes.

Consideramos que se trata dunha iniciativa absolutamente novidosa en Carballo, que aporta frescura á campaña electoral porque permite unha comunicación directa entre os cidadáns e os políticos, sen ningún tipo de intermediarios e de forma transparente e pública: na praza do pobo.

Con esta iniciativa, o Partido Popular pretende fomentar a participación activa e crítica dos cidadáns na vida política, respondendo ás cuestións que queiran formularnos, explicar o noso programa directamente ós seus destinatarios e someternos ó seu exame sen ningún tipo de reservas nin barreiras.

Se os cidadáns lle otorgan a confianza ó Partido Popular, estas serán as señas do estilo de goberno de Alberto Sueiro: a cercanía, a transparencia e o fomento real da participación cidadán.

Día axetreado

Mañán domingo vai ser un día axetreado: 4 mítines.

Ás 10 da mañán, Alberto Sueiro estará en Aldemunde (escola), acompañado de Bibiana Bértoa. Ás 12:30, o mitin será na escola do Outón (Rus), onde tamén falará Carlos Reyes. Pola tarde, mitin na escola de Lema (18:00 h.) e acabará a xornada con outro en Noicela (escola, 21:00 h.), co noso candidato a alcalde e con José Antonio Pérez.

Durante o día, repartiremos un agasallo (sorpresa) para iluminar o futuro.

Programa do Partido Popular de Carballo (V). Turismo.


*      Co apoio económico de Portos de Galicia, promoveremos unha importante actuación de mellora urbanística no Porto de Razo, para aumentar o seu atractivo turístico e como área de ocio. Consistirá na construcción dun novo dique de abrigo, creación dunha explanada e peirao, recuperación de calados, mellora dos accesos, mirador e servizo de restauración.

*       Creación dun gran albergue en Razo - Baldaio como punto de encontro e convivencia onde desenvolver actividades lúdicas, culturais e deportivas durante todo o ano: escolas  de surf, remo, vela, motonáutica, buceo, etc., levando a cabo torneos de verán nas suas instalacións

*       Construcción dun mirador en Monte Neme


*  Colaboraremos coas asociacións de profesionais do sector turístico (hosteleiros, restauradores, axentes de viaxes, guías) e comercial para conseguir actuacións conxuntas atractivas para os visitantes e o destino, como programas de fidelización do turismo, de promoción específica, de formación e capacitación.

*       Impulsaremos o turismo rural como axente dinamizador da vida das nosas parroquias, recuperando e valorizando recursos naturais, patrimoniais e culturais no espazo rural.

*   Creación e sinalización de roteiros e itinerarios medioambientais, promocionando o turismo de contacto coa natureza e rendibilizando turísticamente os nosos recursos naturais.

*       Aproveitaremos o Pazo da Cultura para cedelo como sede de congresos

*       Apoio institucional a probas deportivas de carácter nacional, especialmente as vinculadas cos deportes de praia, náuticos e do motor.

*     Instalar elementos informativos e sinalización turística dentro e fóra de Carballo


*  Favorecer a explotación turística dos deportes náuticos e a dimensión termal de Carballo

*     Promover o desenvolvemento turístico da  nosa costa mediante a creación de novos servizos: aparcamento, limpeza, vixilancia, actividades lúdicas e deportivas con  monitores para as diferentes actividades no verán na praia (ximnasia, torneos, etc.)


viernes, 13 de mayo de 2011

Cances, Paseo Marítimo de Baldaio a Caión, Rus


Hoxe ás 9 da noite, teremos mitin en Cances (centro social).

Mañan a mediodía imos facer un paseo pola costa de Carballo, desde a Pedra do Sal ata o límite co concello da Laracha. Queremos poñer de manifesto o abandono do tramo carballes e a renuncia que fixo o BNG a un dos maiores actractivos que ten a nosa franxa litoral, e tamén reivindicar a construcción dun PASEO MARÍTIMO DE BALDAIO A CAIÓN, unha medida incluida no noso programa. Para demostrarlle a necesidade deste proxecto, invitamos ó Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández, que nos acompañara a andar eses 4 km.

Pola noite, estaremos cos veciños de Rus, nun mitin no tele-clube de Ramil (21:30 horas).

Programa do Partido Popular de Carballo (IV). Comercio.



O Partido Popular sempre defendeu e defenderá ó comercio e ás medianas e pequenas empresas locais como verdadeiros xeradores de emprego.

*      Crearemos a Oficina Municipal de Apoio ó Comercio (OMAC) para poñer a disposición dos comerciantes un servizo de información, asesoramento, canalización de suxerencias e solicitudes, formación, estudo de viabilidade de proxectos e nichos de mercado, investigación e axilización de trámites.

*      Promoveremos campañas publicitarias orientadas ó exterior, dentro e fóra da comarca, para fomentar a imaxe da Carballo como gran centro comercial.

*      Solución global ó problema de aparcamento. Aparcadoiros públicos que cubran tódalas zonas de Carballo (zona centro, zona r/ Barcelona - Fomento, A Milagrosa, Zona r/ Gran Vía).

Hai que deixar de poñer parches e afrontar o problema con planificación e visión de futuro.

O Partido Popular fixo propostas que non foron tidas en conta polo goberno: aparcamentos en altura e parkings soterrados en sitios céntricos: San Martiño, Horta do Casino, prolongación da rúa Gravador Manuel Facal.

*      Desenvolveremos un urbanismo comercial de calidade, mellorando a iluminación de rúas, paneis informativos, creación de zonas semipeonís e ampliación de beirarrúas dotadas con mobiliario urbano adecuado (bancos, xardineiras, etc.).

*      Bonificacións municipais no IBI para os propietarios de locais comerciais baleiros que inscriban os seus locais na Rede municipal de Locais Comerciais e os aluguen a xóvenes menores de 35 anos.

*      Crearemos unha nova zona semipeonil nos Baños Vellos, mellorando a habitabilidade con mobiliario urbano de calidade.

*  Creación da Rede municipal de Locais Comerciais, para procurar unha base de datos accesible que facilite o seu aluguer.

*   Rendibilizar as feiras como valor estratéxico da economía local, para crear sinerxias que favorezan o conxunto da actividade comercial. Promover a incorporación de oferta de novos productos (artesanía, productos biolóxicos, etc.).

*      Organizaremos dúas grandes Feiras de Ofertas anuais, onde o comercio local poida liquidar os seus productos a finais de temporada.