Vista dos asistentes ó mitin do barrio de San Cristovo |
Onte á noite asistiron máis de 120 persoas no mitin do Partido Popular no restaurante Punta del Este. Esta campaña está sendo un éxito, tanto por asistencia como por participación. Os veciños do San Cristovo están enfadados co abandono do barrio por parte do goberno nacionalista-socialista, ata o punto de que algún veciño interrumpiu a Alberto Sueiro para engadir outros agravios ós xa mencionados por este (rotonda "imposible", carril bici que elimina aparcamentos, problemas de auga, etc.), ganándose os aplausos de todos. Nótase que hai moita ilusión polo cambio de goberno.
Hoxe estaremos cos veciños de Oza, no mitin que se celebrará ás 9 da noite no Centro Social. E mañán pola mañá, gravación dun debate en BerTV ó que asistirá Juan Carlos Castro, contacto directo da candidatura cos asistentes ó mercado, e visita do Delegado Provincial Diego Calvo para apoiar ó PP de Carballo. Xa pola noite, Mitin no colexio de Razo, ás 9 da noite.
No hay comentarios:
Publicar un comentario