jueves, 12 de mayo de 2011

Programa do Partido Popular de Carballo (III). Emprego e riqueza.



O gran obxectivo para os próximos catro anos é mellorar os niveis de emprego e reducir a taxa de paro, que afecta hoxe, segundo datos oficiais, a máis de 3.500 conveciños. Para iso é necesario volver ao camiño do crecemento económico, recuperar o potencial da economía carballesa e transformalo en oportunidades de traballo.

O Concello de Carballo gobernado polo Partido Popular terá un papel importante á hora de favorecer a creación de emprego e as iniciativas empresariais mediante incentivos fiscais, formación (co apoio da Xunta de Galicia), planificación, promoción e apoio ao carácter emprendedor que dende sempre demostraron os carballeses e carballesas. Volverán a ilusión e a confianza.

Estas serán as bazas de Carballo para superar a crise:


*      Crearemos a Axencia Local de Promoción Económica e Emprego, organismo que aglutinará e coordinará as políticas municipais de emprego, formación, comercio e turismo, promoción económica e industrial e innovación tecnolóxica e organizativa.

As principais funcións desta axencia serán:

-     Coñecer a fondo o  tecido empresarial e comercial carballés, en especial  o tecido de micropymes, así como as suas necesidades potenciais.

-    Informar e asesorar ás pymes do municipio en relación cos recursos presentes no territorio.

-      Apoiar  o desenvolvemento e crecemento do tecido empresarial do concello a través de mecanismos de financiación, a posta a disposición de espacios productivos, etc.

-       Mellora-la competitividade das empresas do concello.

-       Xestionar e atraer inversions para a sua ubicación en Carballo.

-   Coordinar tódolos servicios e recursos que presta o concello a empresas e investidores establecidos ou interesados en establecerse en Carballo.

-     Promover o desenvolvemento de proxectos tractores do tecido empresarial local.

-  Poñer en marcha mecanismos de acceso á financiación para proxectos innovadores.

*      Poñeremos en marcha o Plan Carballo Empresa, consistente en:

-          Bonificacións no Imposto de Construccións ligadas á xeración de emprego.

-       Bonificacións para as empresas que se instalen no Parque Industrial: 25% no ICIO, 50% no IBI.

-      Reduciremos o IBI nun 50% para os locais de autónomos, nos seus dous primeiros anos de actividade.


*    Plan Estratéxico de Desenvolvemento e Promoción do Parque Industrial, que oriente sobre os sectores ós que debe enfocarse, para convertilo nun referente industrial diferenciado no noroeste peninsular.

Este plan farase con urxencia, nos próximos 6 meses. Debe ter en conta 3 eixos fundamentais:

-    A nosa posición física, próxima ó porto de Punta Langosteira. O porto exterior ten que supoñer unha panca de crecemento que non podemos desaproveitar. Aspiramos a que o Parque Industrial de Carballo se convirta no “porto seco” do porto exterior e que aproveite as sinerxias de Punta Langosteira.

-          Entender o noso espacio empresarial conxuntamente co da Laracha.

-          Recursos humanos e formación dos que dispoñemos.
           
*    Estableceremos beneficios fiscais á actividade de I+D+i para localizar en Carballo centros e empresas internacionais dedicados a esta actividade.


*    Programa eNova, dirixido a emprendedores que establezan a súa actividade no Polígono Industrial de Carballo nos sectores estratéxicos definidos polo Plan Estratéxico de Desenvolvemento Industrial.

*   Melloraremos a xestión municipal e recortaremos sustancialmente os prazos nos que o Concello de Carballo paga a proveedores e contratistas. O  Concello de Carballo, como cliente das empresas de construcción pública e de todo tipo de servizos, será o primeiro en dar exemplo de compromiso cos emprendedores.

*  Promoveremos o acceso preferente das empresas locais ás contratacións municipais nos procedementos en que a lei o permita.

*      En colaboración coa Xunta, devolveremos ó Centro de Formación Ocupacional o seu prestixio como o mellor de Galicia.

O Forum Carballo é un edificio valeiro de contido e feito sin planificación. Poñerémolo en valor co apoio da Xunta de Galicia.

* Política de formación realista, coordinada cos demáis concellos de Bergantiños e adaptada á demanda laboral de Carballo e da bisbarra.

No hay comentarios: