domingo, 15 de mayo de 2011

Programa do Partido Popular de Carballo (IX). Cultura.



*      Construcción dun Auditorio ao aire libre que permita a realización de espectáculos e actividades no exterior.

*      Creación do Laboratorio de Imaxe e Música, punto de encontro para a mocidade enfocado á creación audiovisual, á comunicación e ás novas tecnoloxías

*      Creación dunha Rede de Axencias de Lectura nas parroquias e barrios

*      Factoría das Artes: Programa estable de cursos e talleres artísticos para todas as idades para o tempo de lecer.

*      Creación dun Centro Municipal de Recursos para asociacións, no Pazo da Cultura: despachos, salas de reunións, espazos para actividades, préstamo de infraestructuras culturais, audiovisuais, deportivas,…

*      Rematar o plan de obras e equipamento de centros sociais e culturais no rural (rehabilitación antigas escolas unitarias e construcción de novos edificios), con dotación de mobiliario.

*      Rendibilizar as antigas Casas do Mestres como locais de uso para asociacións.

*      Apoio aos artistas afeccionados locais e ás agrupacións musicais do municipio, facilitándolle o uso de recursos municipais e contribuindo á difusión do seu traballo (edición de catálogos, axudas á producción discográfica e teatral, protagonismo no programa cultural municipal, rede de intercambio con outros municipios,…).

*   Creación do Arquivo Sonoro e Audiovisual de Bergantiños no Museo municipal.

*      Dinamización do Museo de Bergantiños, con exposicións temáticas.

*      Elaboración dunha Guía de Recursos culturais e educativos de Carballo, con actualizacións constantes.

*      Organización dun Festival Audiovisual especializado.

*      Potenciar o FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro).

*      Diversificar a oferta cultural para atraer a novos públicos.

*      Descentralización das actividades culturais, cun programa estable de actividades no rural.

*      Crear o Premio de Etnografía de Bergantiños, ao mellor traballo de investigación e recuperación etnográfica.

*      Plan de Recuperación e Posta en Valor do Patrimonio (histórico-artístico, natural): conservación, rehabilitación, estudio e investigación, acondicionamento, divulgación, sinalización, creación de rutas de interese cultural,…

*      Ampliaremos a rede de centros socioculturais das parroquias, utilizando as antigas escolas unitarias.

*      Estableceremos programas para achegar aos domicilios das persoas con discapacidade e de todas aquelas que teñan dificultades de movilidade os fondos da biblioteca municipal.

*      Asinaremos coas asociacións culturais convenios estables plurianuais de colaboración.

*      Dotación de equipamento aos locais de ensaio e ampliación do seu uso a novos grupos musicais.

No hay comentarios: