miércoles, 18 de mayo de 2011

Éxito rotundo nos dous mitins de onte



Día a día, percíbese a sintonía da xente coa candidatura do Partido Popular. A marea popular vai a máis.

Onte celebramos os dous mitins de máis asistencia da campaña (ata o momento). En Razo, máis de 130 persoas acudiron á chamada dos nosos candidatos, ata o punto de que foi insuficiente a ampla sala para acoller ós veciños que querían escoitar as propostas do Partido Popular, e moitos tiveron que escoitar dende o pasillo. Moitos mozos e moi bo ambiente. No acto, Alberto Sueiro presentoulles a idea que temos para poñer en valor o porto de Razo, cunha importante actuación para aumentar o seu atractivo turístico e como área de ocio. Consistirá na construcción dun novo dique de abrigo, creación dunha explanada e peirao, recuperación de calados, mellora dos accesos, mirador e servizo de restauración. O investimento será de 1.200.000 euros.

Ata Razo tamén se desplazou José Manuel Álvarez Campana, Presidente de Portos de Galicia, quen considerou que a actuación era viable e comprometiu a súa execución en canto fora posible.

E se o mitin de Razo foi un éxito incontestable, o de Bértoa foi simplemente impresionante. Os que levamos no Partido Popular máis de vinte anos non lembramos un mitin nunha parroquia con tanta asistencia coma o de onte, na escola da Rega. Máis de 200 persoas apoiaron á nosa candidata, Belén Ínsua, que tivo que pronunciar o seu discurso no exterior da escola, xa que dentro era imposible pola gran cantidade de xente que había.

Nunha intervención serena, emocionante e impecable, Belén metiuse á xente no bolsillo. Un discurso que demostra a preparación e o compromiso da xente que integra a candidatura do Partido Popular. Belén vai de número 9, polo que confiamos en que será concelleira. Carballo e Bértoa non poden desaproveitar a capacidade dunha política deste nivel.



Parte dos asistente ó mitin de Razo

O Presidente de Portos, sobre o terreno


Belén Ínsua

Houbo que facer o mitin fóra, non cabía a xente dentro


1 comentario:

Anónimo dijo...

Este si que es un partido serio,animo Alberto que esta vez se gana por goleada,ya quedan pocos dias para tirar el muro del BLOQUE que hay en Carballo,asi Evencio que se vaya a dar una vuelta,que de vacaciones ya estuvo hasta ahora y en septiembre a dar clases,a ver si lo hace mejor.