domingo, 15 de mayo de 2011

Programa do Partido Popular de Carballo (XVI). Participación e transparencia.



As actividades do Concello deben ser transparentes. Como compromiso xeral, os actos, os informes, os procedementos administrativos deben estar a disposición dos cidadáns, imperativo legal que o Concello de Carballo actualmente non sempre cumple.

O Concello rendirá contas de maneira permanente.

Se os cidadáns lle otorgan a confianza ó Partido Popular, estas serán as señas do estilo de goberno de Alberto Sueiro: a cercanía, a transparencia e o fomento real da participación cidadán.

*       Publicaremos en internet as actas, os presupostos anuais e demáis documentos de interese xeral.

*       Facilitaremos o acceso e a obtención de copias dos expedientes aos cidadáns que sexan interesados.

*       Facilitaremos a realización telemática de todo tipo de trámites administrativos.

*       Melloraremos a comunicación entre os cidadáns e os gobernantes impulsando a creación de blogs e encontros dixitais cos responsables políticos municipais.

No hay comentarios: