domingo, 15 de mayo de 2011

Programa do Partido Popular de Carballo (XI). Servizos sociais.



*      Creación dun Fogar para Transeúntes.

*      Fomentaremos o voluntariado creando o carné municipal “Eu Son Voluntario”, con descontos en comercios locais, actividades e servizo municipais, para moz@s e xubilados que desexen adicar parte do seu tempo a actividades de apoio a outras familias.

*      Crearemos un equipo multidisciplinar para facilitar a inserción sociolaboral das persoas con risco de exclusión social.

*      Programa de asesoramento, orientación e xestión de axudas para inmigrantes.

*      Porase en marcha o Programa Municipal de Voluntariado, en cooperación coas ONG´s locais.

*      Impulsaremos a creación do Consello Municipal de Persoas con Discapacidade, como órgano consultivo e lugar de encontro e debate entre o concello e as persoas con algún tipo de discapacidade.

*      Facilitaremos información e asesoramento para que todos os beneficiarios poidan acollerserse ás axudas por situacións de dependencia.

*      Colaboraremos activamente coas asociacións que teñen por fin a axuda ás persoas discapacitadas, enfermas, necesitadas e con risco de exclusión social.

No hay comentarios: