domingo, 15 de mayo de 2011

Programa do Partido Popular de Carballo (XIV). Deporte.


*      Construcción da Cidade Deportiva no Parque Metropolitano do Bosque.

*      Aplicar criterios obxectivos na concesión de subvencións, uso de instalacións e convenios.

*      Facilitar a práctica deportiva a tódolos cidadáns como elemento fundamental da calidade de vida.


*      Reestructurar a área de deportes e o Padroado Deportivo Municipal, creando o Instituto Municipal do Deporte.

*      Dotar a estructura deportiva municipal de técnicos, para planificar, programar e executar a planificación estratéxica deportiva do concello de Carballo.

*      Non duplicar oferta de actividades e servizos do sector privado e asociativo. Desenvolver estratexias de colaboración.

*      Dar protagonismo ó asociacionismo no desenvolvemento das actividades deportivas municipais.

*      Establecer fórmulas de xestión mixta: compatibilizar xestión directa de servizos con xestión indirecta mediante concesións e concertos co sector privado e convenios co asociacionismo.

*      Crear e executar o Plan Rector de Instalacións Deportivas do concello de Carballo e o Plan Director de Actividades.

*      Potenciar a praia de Razo como referente nacional de práctica de surf e deportes de praia (voleipraia, futbol-praia, etc.), coa creación de instalacións permanentes.

*      Creación da escola de pesca, para fomentar a práctica deportiva da pesca fluvial e de costa, para promocionar este deporte de contacto coa natureza.

*      Completar a dotación deportiva do rural, establecendo espacios deportivos comúns, como por exemplo unha gran área de ocio e ampliación da zona deportiva nas Pedreiras, entre Berdillo e Sofán.

*      Potenciar deportes de contacto coa natureza: equitación, senderismo,…

No hay comentarios: