lunes, 16 de mayo de 2011

Evencio Ferrero contratou irregularmente a unha candidata do BNG de Carballo

De todos é sabido que Evencio Ferrero presume de transparencia e obxectividade na contratación de personal. Sin embargo, como di o refrán, "dime de qué presumes y te diré de qué careces". Máis aló da propaganda e das frases rimbombantes, a realidade é ben distinta. Evencio Ferrero pode presumir de ser o primeiro alcalde de Carballo a quen o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia lle anulou unhas bases de selección de personal. E agora estamos ante un novo exemplo desta política clientelar que practica o BNG no Concello de Carballo.

Estes son os feitos comprobados, segundo acabamos de saber:

O 27 de maio de 2008 (BOP 6-6-2008), o alcalde Evencio Ferrero aprobou as bases para a contratación de 8 auxiliares de axuda a domicilio do Concello de Carballo. As bases prevían unha lista de sustitucións (base 7ª), establecendo:

          1º.- Que só os/as aspirantes que superasen os exercicios da oposición e non obtiveran praza formarían parte dunha lista de sustitucións para cubrir futuras vacantes; e

           2º.- Que a nova lista de sustitucións derogaría a anterior, do ano 2007.

A esta oposición do 2008 presentouse, xunto con outras 31 persoas, unha candidata do BNG nas últimas eleccións municipais celebradas en Carballo. Esta persoa tamén formaba parte da lista de interinidades do 2007 (lista que, segundo as citadas bases, quedaba derogada pola que se aprobase no 2008).

Feitos os exercicios da oposición aprobaron 11 personas para cubrir as 8 prazas ofertadas. A candidata do BNG foi calificada polo tribunal como “NON APTA”, xa que obtivo 27,80 puntos, cando o mínimo esixido eran 35. O 19 de setembro de 2008, o tribunal de selección aprobou a lista de sustitucións, integrada só polas 3 aspirantes que aprobaron a oposición sin obter praza. A candidata do BNG non podía formar parte da nova lista de sustitucións, porque as bases da convocatoria prohibían incluir na mesma ás persoas calificadas como “non aptas”.

Pois ben, o 4 de decembro de 2008, o alcalde dictou un Decreto ordenando incluir á candidata do BNG na nova lista de interinidades de 2008. O alcalde dictou esta orde infrinxindo as Bases, que establecían expresamente que a lista de interinidades de 2007 (da que formaba parte a candidata do BNG) quedaba derogada, e que na nova lista só poderían incluirse ás personas que superasen a oposición no 2008, cousa que a candidata do BNG non fixo.

Con esta decisión, Evencio Ferrero cometiu tres inxustizas:

1ª.- Perxudicou ás 3 personas incluidas na lista de sustitucións de 2008, xa que, ó ser máis personas a repartir as sustitucións, tocaría a menos traballo para cada unha: tería que pasar máis tempo para que poideran ser chamadas para traballar.

2ª.- Outras aspirantes que obtiveron maior nota que a candidata do BNG nas oposicións de 2008, sin embargo non foron incluidas na nova lista de sustitucións (por exemplo, unha aspirante con 32,70 puntos; outra con 33,50).

3ª.-  O alcalde vulnerou flagrantemente as bases, que establecían expresamente as dúas condicións citadas: que a nova lista que salira do proceso selectivo de 2008 implicaría a derogación da anterior de 2007, polo que non se podían incluir personas da anterior lista na nova; e que para poder ser incluida na nova lista era requisito ter superado os exercicios da oposición de 2008.

Como consecuencia desta decisión ilegal do alcalde, a candidata do BNG empezou a traballar no Concello de Carballo como auxiliar de axuda a domicilio o 2 de marzo de 2009.

Para maior inxustiza, o propio Concello convocou en xaneiro de 2010 un novo proceso selectivo para cubrir unha praza de auxiliar de axuda a domicilio (BOP 26-1-2010), no que á candidata do BNG lle valoraron como mérito o ter feito esa sustitución (0,8 puntos por mes traballado no Concello de Carballo). Como consecuencia disto, dos 30 aspirantes que se presentaron, a candidata do BNG obtivo a maior nota na fase de concurso (que valoraba a experiencia laboral no Concello de Carballo). E, pese a que na fase de oposición (exame) sacou menor nota que outras 5 aspirantes, a candidata do BNG obtivo a nova praza, que sigue desempeñando na actualidade.

1 comentario:

Anónimo dijo...

E despois fala dos demais. Xa que non ten sinceridade que teña vergonza.