domingo, 15 de mayo de 2011

Programa do Partido Popular de Carballo (XVII). Novas tecnoloxías.


*      “Carballo Sen Fíos”: Acceso inalámbrico a internet en todo o territorio, mediante a combinación das tecnoloxías WiMAX e Wi-Fi.

*      Solucionaremos os problemas de cobertura da TDT.

*      Aproveitamento empresarial do telecentro municipal.

*      Instalaremos webcams situadas en puntos estratéxicos do concello, para que poidan ser consultadas online polos usuarios (Praias de Razo e Baldaio, estado do tráfico, etc.).

*       Implantaremos a tramitación telemática dos procedementos administrativos para posibilitar a realización da meirande parte dos trámites no concello dende o propio domicilio


*       Cremos no potencial das novas tecnoloxías para modernizar a Administración Local e aumentar a cercanía entre o concello e os cidadáns

*       Facilitaremos o acceso dos veciños ás novas tecnoloxías, financiando cursos para que aproveiten as vantaxes da sociedade da información

*       Fomentaremos a difusión das novas tecnoloxías entre os autónomos e pymes para aumentar a súa productividade

*       Priorizaremos as obras destinadas a estender as redes de comunicación e tecnoloxías da información.

No hay comentarios: