sábado, 7 de mayo de 2011

Endulzando a vida



Mañá domingo, a partir das 11 da mañán, o Partido Popular de Carballo fará campaña co lema “Endulza a vida co PP”. Instalaremos unha carpa na rúa Coruña e repartiremos folletos con un resumen das medidas que poñeremos en práctica se os cidadáns nos otorgan a súa confianza.

Carballo ten que cambiar un goberno ineficaz e despilfarrador por un novo equipo que devolva a ilusión e a esperanza que nos permitirán saír da crise. Como símbolo desta ilusión que faremos renacer, obsequiaremos ós cidadáns con onzas de chocolate feito en Carballo, alimento de coñecidas propiedades antidepresivas e antioxidantes. Estades todos invitados (e tamén podedes traer ós nenos/as).

A partir das 13:00 horas, acompañaranos na carpa a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, que ven a apoiarnos e coa que realizaremos un percorrido pola feira, por varias rúas e polo recinto onde se celebra a Festa do Pan de Carballo.

Pola noite, ás 9 faremos un mitin no local social de Sísamo, coa intervención de Miguel Ferreiro e Alberto Sueiro.

No hay comentarios: