domingo, 15 de mayo de 2011

Programa do Partido Popular de Carballo (XIII). Benestar familiar.


*      Programas de axuda a familias monoparentais (conciliación da vida laboral e familiar, servizo de canguros conveniado con empresas, etc.) e con maiores a cargo.

*      Bonificacións impositivas ás empresas que faciliten a conciliación de vida laboral e familiar.

*      Programa de “respiro familiar” para familias con discapacitados ou dependentes ó seu cargo de forma que os familiares poidan disfrutar de periodos de descanso e non se vexan desbordados cando por enfermidade, hospitalización, emerxencias e outras circunstancias a familia non pode proporcionarlles temporalmente a atención que precisan.

Programa do Partido Popular de Carballo (XII). Os maiores.



*      Creación do Clube 65, asociando aos maiores para, coa súa participación, organizar viaxes, actividades de encontro e relación, actividades deportivas, negociar descontos no comercio local, etc.

*      Manter e ampliar as actividades de ximnasia de mantemento e actividade física en centros e locais sociais.

*      Crearemos o Programa “Sigo activo”, de voluntariado de maiores para actividades comunitarias.

*      Programa global de actividades de tipo cultural, social, deportivo e de lecer para os maiores.

*      Oferta estable de cursos e talleres culturais e de creación artística.

*      Reducción do 50% nas taxas municipais para desempleados, xubilados e pensionistas.

*      Aplicaremos bonificacións fiscais directas no IBI para maiores de 65 anos con rendas baixas.

   

Programa do Partido Popular de Carballo (XI). Servizos sociais.



*      Creación dun Fogar para Transeúntes.

*      Fomentaremos o voluntariado creando o carné municipal “Eu Son Voluntario”, con descontos en comercios locais, actividades e servizo municipais, para moz@s e xubilados que desexen adicar parte do seu tempo a actividades de apoio a outras familias.

*      Crearemos un equipo multidisciplinar para facilitar a inserción sociolaboral das persoas con risco de exclusión social.

*      Programa de asesoramento, orientación e xestión de axudas para inmigrantes.

*      Porase en marcha o Programa Municipal de Voluntariado, en cooperación coas ONG´s locais.

*      Impulsaremos a creación do Consello Municipal de Persoas con Discapacidade, como órgano consultivo e lugar de encontro e debate entre o concello e as persoas con algún tipo de discapacidade.

*      Facilitaremos información e asesoramento para que todos os beneficiarios poidan acollerserse ás axudas por situacións de dependencia.

*      Colaboraremos activamente coas asociacións que teñen por fin a axuda ás persoas discapacitadas, enfermas, necesitadas e con risco de exclusión social.

Programa do Partido Popular de Carballo (X). Sanidade.




*      Conseguiremos a ambulancia medicalizada radicada en Carballo de forma permanente.

*      Creación dun servizo de Hospitalización  a Domicilio e Coidados Paliativos, similar ó que hai nas capitais de  provincia, que limite no posible as estancias no Hospital de A Coruña.

*      Ampliaremos a atención pediátrica polas tardes.

*      Implantación dun servicio de telerradioloxía operativo as 24 horas.

*      Aumentarase o número de Especialidades Médicas que se atenden en  Carballo.

*      Dedicación exclusiva do actual centro de saúde ás funcións propias da atención primaria

*      Mellora e ampliación dos servicios de telemediciña, interconsultas a través de Internet, especialistas consultores,… que eviten as viaxes innecesarias ós centros de especialidades de A Coruña

Programa do Partido Popular de Carballo (IX). Cultura.



*      Construcción dun Auditorio ao aire libre que permita a realización de espectáculos e actividades no exterior.

*      Creación do Laboratorio de Imaxe e Música, punto de encontro para a mocidade enfocado á creación audiovisual, á comunicación e ás novas tecnoloxías

*      Creación dunha Rede de Axencias de Lectura nas parroquias e barrios

*      Factoría das Artes: Programa estable de cursos e talleres artísticos para todas as idades para o tempo de lecer.

*      Creación dun Centro Municipal de Recursos para asociacións, no Pazo da Cultura: despachos, salas de reunións, espazos para actividades, préstamo de infraestructuras culturais, audiovisuais, deportivas,…

*      Rematar o plan de obras e equipamento de centros sociais e culturais no rural (rehabilitación antigas escolas unitarias e construcción de novos edificios), con dotación de mobiliario.

*      Rendibilizar as antigas Casas do Mestres como locais de uso para asociacións.

*      Apoio aos artistas afeccionados locais e ás agrupacións musicais do municipio, facilitándolle o uso de recursos municipais e contribuindo á difusión do seu traballo (edición de catálogos, axudas á producción discográfica e teatral, protagonismo no programa cultural municipal, rede de intercambio con outros municipios,…).

*   Creación do Arquivo Sonoro e Audiovisual de Bergantiños no Museo municipal.

*      Dinamización do Museo de Bergantiños, con exposicións temáticas.

*      Elaboración dunha Guía de Recursos culturais e educativos de Carballo, con actualizacións constantes.

*      Organización dun Festival Audiovisual especializado.

*      Potenciar o FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro).

*      Diversificar a oferta cultural para atraer a novos públicos.

*      Descentralización das actividades culturais, cun programa estable de actividades no rural.

*      Crear o Premio de Etnografía de Bergantiños, ao mellor traballo de investigación e recuperación etnográfica.

*      Plan de Recuperación e Posta en Valor do Patrimonio (histórico-artístico, natural): conservación, rehabilitación, estudio e investigación, acondicionamento, divulgación, sinalización, creación de rutas de interese cultural,…

*      Ampliaremos a rede de centros socioculturais das parroquias, utilizando as antigas escolas unitarias.

*      Estableceremos programas para achegar aos domicilios das persoas con discapacidade e de todas aquelas que teñan dificultades de movilidade os fondos da biblioteca municipal.

*      Asinaremos coas asociacións culturais convenios estables plurianuais de colaboración.

*      Dotación de equipamento aos locais de ensaio e ampliación do seu uso a novos grupos musicais.