jueves, 5 de mayo de 2011

Debate, presentación do programa de promoción económica e pegada de carteis

O Partido Popular de Carballo participará hoxe ás 13:00 h. nun debate organizado polo "El Periódico de Carballo y Comarca", que se celebrará na Casa de Entremuros, en Cances. Asistirá Juan Carlos Castro Pombo, que debatirá con outros representantes políticos dos concellos da comarca de Bergantiños sobre temas de política municipal.

Ás 14:30 horas, no Restaurante Punta del Este, o candidato á alcaldía Alberto Sueiro presentará ós empresarios as nosas propostas en materia de promoción económica industria, comercio e turismo para o periodo 2012-2020. Está prevista a asistencia de empresarios, comerciantes e profesionais de todolos sectores económicos de Carballo, acompañados de Javier Guerra, Conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia.

Entre as medidas propostas, destaca a creación da Axencia Local de Promoción Económica, a redacción do Plan estratéxico do Parque Empresarial, o deseño das directrices do novo centro de formacion municipal e as medidas fiscais e financieras de apoio o establecemento de empresas e creación de emprego en Carballo.

Pola noite, a partir das 23:30 reunirémonos na Praza do Concello de Carballo para iniciar a campaña coa pegada de carteis.

ACTUALIZACIÓN 6-5-2011: Fotos da pegada de carteis:


A tarta sorpresa que lle preparamos a Alberto




O candidato socialista, co seu peculiar eslogan: "Vota ó polbo da túa vida"





No hay comentarios: