Tras as intervencións de Manuel Varela e Aurelio Núñez Centeno, unha emocionada Bibiana Bértoa presentouse onte ante os seus veciños de Sofán, que responderon en gran número á súa invitación. Nun salón de actos cheo, Bibiana foi desgranando coa axuda dun proxector (nótase que está familiarizada coas novas tecnoloxías) o que fixo pola parroquia de Sofán o goberno do PP, e o que non fixo o actual bipartito.
A nosa candidata demostroulle a todos que coñece "de pe a pa" o seu territorio e os seus problemas, e tamén as inquedanzas dos seus concidadáns e as necesidades da parroquia (non en vano é Secretaria da Asociación de Veciños de Sofán). Unha intervención sinxela e natural, pero moi pensada, que demostra que Bibiana ten unha vocación política clara e cun só obxectivo: mellorar a calidade de vida do rural.
Ó final, os compañeiros de Sofán obsequiaron ós asistentes con un roscón recheo feito pola sogra de Bibiana (qué bo estaba!).
No hay comentarios:
Publicar un comentario