viernes, 6 de mayo de 2011
Máis de 400 carballeses, ó mitin da Coruña
Máis de 400 carballeses, encabezados polo candidato a alcalde Alberto Sueiro, asistirán mañán ó mitin do Partido Popular que se celebrará no Coliseo da cidade herculina ás 6:30 da tarde, e no que intervirán Carlos Negreira, Alberto Núñez Feijóo e Alberto Ruiz Gallardón.
O Partido Popular de Carballo viuse obrigado a contratar catro autobuses máis dos que estaban inicialmente previstos, polo que en total desplazaranse ó mitin 8 autobuses. A saída está prevista desde a rúa Vila de Negreira, ás 5 da tarde de mañá sábado.
Lamentamos e pedimos disculpas por non poder atender todas as peticións para acudir a este acto, e agradecemos o apoio e a confianza que os cidadáns depositan no Partido Popular, facendo medrar día a día unha marea que revela as ganas de cambio.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario