Máis de 800 persoas. As imaxes falan por si soas:
Mostrando entradas con la etiqueta mitin. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mitin. Mostrar todas las entradas
sábado, 21 de mayo de 2011
Mitin de peche de campaña: Pazo da Cultura, venres 20 de maio
Etiquetas:
mitin
miércoles, 18 de mayo de 2011
Éxito rotundo nos dous mitins de onte
Día a día, percíbese a sintonía da xente coa candidatura do Partido Popular. A marea popular vai a máis.
Onte celebramos os dous mitins de máis asistencia da campaña (ata o momento). En Razo, máis de 130 persoas acudiron á chamada dos nosos candidatos, ata o punto de que foi insuficiente a ampla sala para acoller ós veciños que querían escoitar as propostas do Partido Popular, e moitos tiveron que escoitar dende o pasillo. Moitos mozos e moi bo ambiente. No acto, Alberto Sueiro presentoulles a idea que temos para poñer en valor o porto de Razo, cunha importante actuación para aumentar o seu atractivo turístico e como área de ocio. Consistirá na construcción dun novo dique de abrigo, creación dunha explanada e peirao, recuperación de calados, mellora dos accesos, mirador e servizo de restauración. O investimento será de 1.200.000 euros.
Ata Razo tamén se desplazou José Manuel Álvarez Campana, Presidente de Portos de Galicia, quen considerou que a actuación era viable e comprometiu a súa execución en canto fora posible.
E se o mitin de Razo foi un éxito incontestable, o de Bértoa foi simplemente impresionante. Os que levamos no Partido Popular máis de vinte anos non lembramos un mitin nunha parroquia con tanta asistencia coma o de onte, na escola da Rega. Máis de 200 persoas apoiaron á nosa candidata, Belén Ínsua, que tivo que pronunciar o seu discurso no exterior da escola, xa que dentro era imposible pola gran cantidade de xente que había.
Nunha intervención serena, emocionante e impecable, Belén metiuse á xente no bolsillo. Un discurso que demostra a preparación e o compromiso da xente que integra a candidatura do Partido Popular. Belén vai de número 9, polo que confiamos en que será concelleira. Carballo e Bértoa non poden desaproveitar a capacidade dunha política deste nivel.
| Parte dos asistente ó mitin de Razo |
| O Presidente de Portos, sobre o terreno |
| Belén Ínsua |
| Houbo que facer o mitin fóra, non cabía a xente dentro |
Etiquetas:
mitin
domingo, 15 de mayo de 2011
Calendario de actos para os próximos días
Este é o calendario previsto de actos do Partido Popular de Carballo ata o remate da campaña:
Luns, 16 de maio:
Mitin na Brea (Centro Social), ás 9 da noite.
Martes, 17 de maio:
Ás 12 da mañán, Alberto Sueiro someterase ás preguntas que queiran formularlle os cidadáns, no acto "Teño unha pregunta para Alberto". Será no xardín municipal (ó lado da palmera).
Pola tarde, dous mitins: ás 8 no colexio de Razo; e ás 9 en Bértoa (escola da Rega)
Mércores, 18 de maio:
Mitin en Berdillo, ás 9 da noite (local social)
Xoves, 19 de maio:
Mitin en Sofán (centro social)
Venres, 20 de maio:
Este día fechamos a campaña co mitin central en Carballo, ó que asistirá o presidente Alberto Núñez Feijoo. Será ás 21:30 h., no Pazo da Cultura.

Novo éxito en Rus
Máis de 80 personas nos acompañaron onte no mitin do teleclube de Ramil (Rus), unha das parroquias onde o PP obtivo sempre máis apoio.
Falaron Carlos Reyes, Marga Varela, Aurelio Núñez, Miguel Ferreiro e cerrou o acto a intervención de Alberto Sueiro.
Como ven sendo a tónica xeral, os asistentes queixáronse de que o goberno local non fixo case nada na súa parroquia. Pero tamén nos informaron de que nos últimos días andan por alía algúns operarios enviados polo concello facendo chapuzas de última hora coas que os actuais gobernantes intentan arañar algún voto. Menos mal que os veciños non se chupan o dedo, como se viu onte.

| Carlos Reyes, dirixíndose ós asistentes |
| Vista parcial do público |
sábado, 14 de mayo de 2011
Día axetreado
Mañán domingo vai ser un día axetreado: 4 mítines.
Ás 10 da mañán, Alberto Sueiro estará en Aldemunde (escola), acompañado de Bibiana Bértoa. Ás 12:30, o mitin será na escola do Outón (Rus), onde tamén falará Carlos Reyes. Pola tarde, mitin na escola de Lema (18:00 h.) e acabará a xornada con outro en Noicela (escola, 21:00 h.), co noso candidato a alcalde e con José Antonio Pérez.
Durante o día, repartiremos un agasallo (sorpresa) para iluminar o futuro.

miércoles, 11 de mayo de 2011
Continúa o apoio ó Partido Popular
| Vista dos asistentes ó mitin do barrio de San Cristovo |
Onte á noite asistiron máis de 120 persoas no mitin do Partido Popular no restaurante Punta del Este. Esta campaña está sendo un éxito, tanto por asistencia como por participación. Os veciños do San Cristovo están enfadados co abandono do barrio por parte do goberno nacionalista-socialista, ata o punto de que algún veciño interrumpiu a Alberto Sueiro para engadir outros agravios ós xa mencionados por este (rotonda "imposible", carril bici que elimina aparcamentos, problemas de auga, etc.), ganándose os aplausos de todos. Nótase que hai moita ilusión polo cambio de goberno.
Hoxe estaremos cos veciños de Oza, no mitin que se celebrará ás 9 da noite no Centro Social. E mañán pola mañá, gravación dun debate en BerTV ó que asistirá Juan Carlos Castro, contacto directo da candidatura cos asistentes ó mercado, e visita do Delegado Provincial Diego Calvo para apoiar ó PP de Carballo. Xa pola noite, Mitin no colexio de Razo, ás 9 da noite.
martes, 10 de mayo de 2011
Mitins de hoxe e mañán
Moi boa acollida a que tivemos onte en Artes, onde máis de 70 persoas abarrotaron a escola para escoitar e apoiar a Alberto Sueiro e ó Partido Popular. A xente do rural síntese esquecida polo actual goberno de Carballo. O Partido Popular poñerá remedio a esa situación, para que todos os carballeses teñan os mesmos dereitos e as mesmas oportunidades vivan onde vivan.
Hoxe, a campaña do PP desplazarase ó barrio de San Cristovo, tan inxustamente tratado polo goberno nacionalista-socialista. Despois dun percorrido polo barrio, falando e escoitando directamente ós veciños, Alberto Sueiro e Moncho Antelo participarán nun mitin no restaurante Punta del Este, ás 9 da noite.
Mañán mércores, o mitin será no Centro Social de Oza, ás 9 da noite.
domingo, 8 de mayo de 2011
Doce campaña
Despois da satisfacción da viaxe de onte ó mitin da Coruña (8 autobuses e moral a tope), hoxe empezou a xornada coa colocación da carpa na rúa Coruña, máis contacto cos veciños e reparto de programas e chocolate. Houbo momentos en que as persoas que se acercaban a saudar a Alberto e ós demáis candidatos do Partido Popular bloqueaban a rúa. E non só era polo chocolate, non sexades mal pensados. Polos comentarios que nos facían, percíbese que a xente está moi queimada con este goberno e pide un cambio xa. Como dixo unha señora: "Evencio e Andrade levan aí toda a vida, e vai sendo hora de que marchen xuntos con Zapatero." E outra moza: "Fai falta que entre o PP para que poña remedio a esto."
Á 1 da tarde chegou a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, e con ela fomos repartir máis chocolate e programas polas rúas de Carballo. Tamén visitamos a carpa da Festa do Pan.
E para rematar o día, ás 9 toca mitin en Sísamo. Mañán será Artes (mitin ás 9 na escola) e pasado centrarémonos en Carballo, polo barrio de San Cristovo, rematando con outro mitin no restaurante Punta del Este.
Gracias a todos/as pola calor que nos estades dando.

| Carlos Negreira chegando ó mitin |
| O Coliseo totalmente cheo, antes de empezar o mitin |
| Algúns dos autobuses que transportaron á xente desde Carballo, de volta á casa |
| A animación era grande ó lado da carpa do PP |
| Marga Varela, Aurelio Núñez Centeno, Pilar Farjas e Alberto Sueiro |
| Pilar Farjas apoiando ó PP de Carballo |
sábado, 7 de mayo de 2011
Bibiana ten tirón
Tras as intervencións de Manuel Varela e Aurelio Núñez Centeno, unha emocionada Bibiana Bértoa presentouse onte ante os seus veciños de Sofán, que responderon en gran número á súa invitación. Nun salón de actos cheo, Bibiana foi desgranando coa axuda dun proxector (nótase que está familiarizada coas novas tecnoloxías) o que fixo pola parroquia de Sofán o goberno do PP, e o que non fixo o actual bipartito.
A nosa candidata demostroulle a todos que coñece "de pe a pa" o seu territorio e os seus problemas, e tamén as inquedanzas dos seus concidadáns e as necesidades da parroquia (non en vano é Secretaria da Asociación de Veciños de Sofán). Unha intervención sinxela e natural, pero moi pensada, que demostra que Bibiana ten unha vocación política clara e cun só obxectivo: mellorar a calidade de vida do rural.
Ó final, os compañeiros de Sofán obsequiaron ós asistentes con un roscón recheo feito pola sogra de Bibiana (qué bo estaba!).
viernes, 6 de mayo de 2011
Máis de 400 carballeses, ó mitin da Coruña
Máis de 400 carballeses, encabezados polo candidato a alcalde Alberto Sueiro, asistirán mañán ó mitin do Partido Popular que se celebrará no Coliseo da cidade herculina ás 6:30 da tarde, e no que intervirán Carlos Negreira, Alberto Núñez Feijóo e Alberto Ruiz Gallardón.
O Partido Popular de Carballo viuse obrigado a contratar catro autobuses máis dos que estaban inicialmente previstos, polo que en total desplazaranse ó mitin 8 autobuses. A saída está prevista desde a rúa Vila de Negreira, ás 5 da tarde de mañá sábado.
Lamentamos e pedimos disculpas por non poder atender todas as peticións para acudir a este acto, e agradecemos o apoio e a confianza que os cidadáns depositan no Partido Popular, facendo medrar día a día unha marea que revela as ganas de cambio.
Debate, Mitin en Goiáns e presentación da candidata de Sofán
| Bibiana Bértoa Cambón, acompañada por Alberto Sueiro e Aurelio Núñez Centeno |
Despois do éxito da pegada de carteis de onte (con tarta sorpresa incluida para Alberto, que cumplía anos), hoxe toca empezar cun debate en Radiovoz sobre emprego e industria, ó que irá Miguel Ferreiro en representación do Partido Popular.
Durante o día, Alberto Sueiro recorrerá a parroquia de Goiáns, acompañado doutros membros da candidatura, e rematará con un MITIN na escola unitaria desa parroquia, ás 9 da noite.
E fechamos a xornada coa presentación de Bibiana Bértoa, candidata de Sofán, no Centro Social ás 9:45 da noite. A nosa candidata estará arroupada por Manuel Varela, Aurelio Núñez Centeno, e Alberto Sueiro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)