Programa do Partido Popular de Carballo (VIII). Educación.
Impulsaremos un gran pacto pola educación, que garantice a optimización dos recursos públicos e a mellora na prestación dos servizos educativos.
Ampliación da oferta de cursos da Escola de Idiomas e negociación coa Xunta de Galicia para a construcción dun novo edificio.
Creación das Escolas Municipais de Lecer.
Ampliación do servizo de ludoteca aos barrios de Carballo.
Ampliación do número de prazas de Educación Infantil.

Creación da Escola Municipal de Música, orientada a afeccionados que desexan aprender e practicar música sen carácter reglado.
Creación da Escola Municipal de Teatro e Danza.
Creación da Escola de Educandos da Banda Municipal, para ir formando ós novos compoñentes.
Mellorar as instalacións do Conservatorio Municipal, dotándoo de Fonoteca e Biblioteca especializada en temas musicais.
Bolsas de estudio específicas para o Conservatorio.
Elaboración de Guías Didácticas sobre Carballo.
Organización de actividades educativas de apoio: teatro na escola, visitas guiadas a exposicións, concertos didácticos,…
No hay comentarios:
Publicar un comentario