sábado, 7 de mayo de 2011
Endulzando a vida
Mañá domingo, a partir das 11 da mañán, o Partido Popular de Carballo fará campaña co lema “Endulza a vida co PP”. Instalaremos unha carpa na rúa Coruña e repartiremos folletos con un resumen das medidas que poñeremos en práctica se os cidadáns nos otorgan a súa confianza.
Carballo ten que cambiar un goberno ineficaz e despilfarrador por un novo equipo que devolva a ilusión e a esperanza que nos permitirán saír da crise. Como símbolo desta ilusión que faremos renacer, obsequiaremos ós cidadáns con onzas de chocolate feito en Carballo, alimento de coñecidas propiedades antidepresivas e antioxidantes. Estades todos invitados (e tamén podedes traer ós nenos/as).
A partir das 13:00 horas, acompañaranos na carpa a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, que ven a apoiarnos e coa que realizaremos un percorrido pola feira, por varias rúas e polo recinto onde se celebra a Festa do Pan de Carballo.
Pola noite, ás 9 faremos un mitin no local social de Sísamo, coa intervención de Miguel Ferreiro e Alberto Sueiro.
Etiquetas:
campaña
Bibiana ten tirón
Tras as intervencións de Manuel Varela e Aurelio Núñez Centeno, unha emocionada Bibiana Bértoa presentouse onte ante os seus veciños de Sofán, que responderon en gran número á súa invitación. Nun salón de actos cheo, Bibiana foi desgranando coa axuda dun proxector (nótase que está familiarizada coas novas tecnoloxías) o que fixo pola parroquia de Sofán o goberno do PP, e o que non fixo o actual bipartito.
A nosa candidata demostroulle a todos que coñece "de pe a pa" o seu territorio e os seus problemas, e tamén as inquedanzas dos seus concidadáns e as necesidades da parroquia (non en vano é Secretaria da Asociación de Veciños de Sofán). Unha intervención sinxela e natural, pero moi pensada, que demostra que Bibiana ten unha vocación política clara e cun só obxectivo: mellorar a calidade de vida do rural.
Ó final, os compañeiros de Sofán obsequiaron ós asistentes con un roscón recheo feito pola sogra de Bibiana (qué bo estaba!).
viernes, 6 de mayo de 2011
Dúas entrevistas a Alberto Sueiro
Etiquetas:
prensa
Máis de 400 carballeses, ó mitin da Coruña
Máis de 400 carballeses, encabezados polo candidato a alcalde Alberto Sueiro, asistirán mañán ó mitin do Partido Popular que se celebrará no Coliseo da cidade herculina ás 6:30 da tarde, e no que intervirán Carlos Negreira, Alberto Núñez Feijóo e Alberto Ruiz Gallardón.
O Partido Popular de Carballo viuse obrigado a contratar catro autobuses máis dos que estaban inicialmente previstos, polo que en total desplazaranse ó mitin 8 autobuses. A saída está prevista desde a rúa Vila de Negreira, ás 5 da tarde de mañá sábado.
Lamentamos e pedimos disculpas por non poder atender todas as peticións para acudir a este acto, e agradecemos o apoio e a confianza que os cidadáns depositan no Partido Popular, facendo medrar día a día unha marea que revela as ganas de cambio.
Debate, Mitin en Goiáns e presentación da candidata de Sofán
Bibiana Bértoa Cambón, acompañada por Alberto Sueiro e Aurelio Núñez Centeno |
Despois do éxito da pegada de carteis de onte (con tarta sorpresa incluida para Alberto, que cumplía anos), hoxe toca empezar cun debate en Radiovoz sobre emprego e industria, ó que irá Miguel Ferreiro en representación do Partido Popular.
Durante o día, Alberto Sueiro recorrerá a parroquia de Goiáns, acompañado doutros membros da candidatura, e rematará con un MITIN na escola unitaria desa parroquia, ás 9 da noite.
E fechamos a xornada coa presentación de Bibiana Bértoa, candidata de Sofán, no Centro Social ás 9:45 da noite. A nosa candidata estará arroupada por Manuel Varela, Aurelio Núñez Centeno, e Alberto Sueiro.
jueves, 5 de mayo de 2011
Debate, presentación do programa de promoción económica e pegada de carteis
Ás 14:30 horas, no Restaurante Punta del Este, o candidato á alcaldía Alberto Sueiro presentará ós empresarios as nosas propostas en materia de promoción económica industria, comercio e turismo para o periodo 2012-2020. Está prevista a asistencia de empresarios, comerciantes e profesionais de todolos sectores económicos de Carballo, acompañados de Javier Guerra, Conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia.
Entre as medidas propostas, destaca a creación da Axencia Local de Promoción Económica, a redacción do Plan estratéxico do Parque Empresarial, o deseño das directrices do novo centro de formacion municipal e as medidas fiscais e financieras de apoio o establecemento de empresas e creación de emprego en Carballo.
Pola noite, a partir das 23:30 reunirémonos na Praza do Concello de Carballo para iniciar a campaña coa pegada de carteis.
ACTUALIZACIÓN 6-5-2011: Fotos da pegada de carteis:
A tarta sorpresa que lle preparamos a Alberto |
O candidato socialista, co seu peculiar eslogan: "Vota ó polbo da túa vida" |
Acto Presentación Candidatura PP Carballo 2011
Celebrado o venres 15 de abril no Pazo da Cultura. Son 9 partes.
domingo, 1 de mayo de 2011
Éxito do acto "1 flor + 1 programa"
Hoxe, día da nai, acompañamos a Alberto Sueiro no reparto de folletos co resumo do programa do PP. Entregamos tamén máis de 500 begonias na súa maceta de regalo para as nais. Ás 12:30 xa non quedaban existencias. A acollida e os comentarios dos veciños e veciñas que se acercaron ó stand do Partido Popular foron moi calurosos. Percíbense as ganas de cambio. Gracias a todos/as.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)