Centrados en ti_________________Blog de campaña do Partido Popular de Carballo
domingo, 15 de mayo de 2011
Programa do Partido Popular de Carballo (IX). Cultura.
Construcción dun Auditorio ao aire libre que permita a realización de espectáculos e actividades no exterior.
Creación do Laboratorio de Imaxe e Música, punto de encontro para a mocidade enfocado á creación audiovisual, á comunicación e ás novas tecnoloxías
Creación dunha Rede de Axencias de Lectura nas parroquias e barrios
Factoría das Artes: Programa estable de cursos e talleres artísticos para todas as idades para o tempo de lecer.
Creación dun Centro Municipal de Recursos para asociacións, no Pazo da Cultura: despachos, salas de reunións, espazos para actividades, préstamo de infraestructuras culturais, audiovisuais, deportivas,…
Rematar o plan de obras e equipamento de centros sociais e culturais no rural (rehabilitación antigas escolas unitarias e construcción de novos edificios), con dotación de mobiliario.
Rendibilizar as antigas Casas do Mestres como locais de uso para asociacións.
Apoio aos artistas afeccionados locais e ás agrupacións musicais do municipio, facilitándolle o uso de recursos municipais e contribuindo á difusión do seu traballo (edición de catálogos, axudas á producción discográfica e teatral, protagonismo no programa cultural municipal, rede de intercambio con outros municipios,…).
Creación do Arquivo Sonoro e Audiovisual de Bergantiños no Museo municipal.
Dinamización do Museo de Bergantiños, con exposicións temáticas.
Elaboración dunha Guía de Recursos culturais e educativos de Carballo, con actualizacións constantes.
Organización dun Festival Audiovisual especializado.
Potenciar o FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro).
Diversificar a oferta cultural para atraer a novos públicos.
Descentralización das actividades culturais, cun programa estable de actividades no rural.
Crear o Premio de Etnografía de Bergantiños, ao mellor traballo de investigación e recuperación etnográfica.
Plan de Recuperación e Posta en Valor do Patrimonio (histórico-artístico, natural): conservación, rehabilitación, estudio e investigación, acondicionamento, divulgación, sinalización, creación de rutas de interese cultural,…
Ampliaremos a rede de centros socioculturais das parroquias, utilizando as antigas escolas unitarias.
Estableceremos programas para achegar aos domicilios das persoas con discapacidade e de todas aquelas que teñan dificultades de movilidade os fondos da biblioteca municipal.
Asinaremos coas asociacións culturais convenios estables plurianuais de colaboración.
Dotación de equipamento aos locais de ensaio e ampliación do seu uso a novos grupos musicais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario