Máis de 800 persoas. As imaxes falan por si soas:
PP Carballo 2011
Centrados en ti_________________Blog de campaña do Partido Popular de Carballo
sábado, 21 de mayo de 2011
Mitin de peche de campaña: Pazo da Cultura, venres 20 de maio
Etiquetas:
mitin
jueves, 19 de mayo de 2011
Outra entrega de "Os Contos de Evencio" (parte 3)
Os Contos de Evencio dan para facer unha saga completa, coas correspondientes secuelas e precuelas. Aquí tedes outra entrega máis das historietas do candidato do BNG (e porque xa remata a campaña, que se non poderíamos seguir todo o mes):
Etiquetas:
video
miércoles, 18 de mayo de 2011
Éxito rotundo nos dous mitins de onte
Día a día, percíbese a sintonía da xente coa candidatura do Partido Popular. A marea popular vai a máis.
Onte celebramos os dous mitins de máis asistencia da campaña (ata o momento). En Razo, máis de 130 persoas acudiron á chamada dos nosos candidatos, ata o punto de que foi insuficiente a ampla sala para acoller ós veciños que querían escoitar as propostas do Partido Popular, e moitos tiveron que escoitar dende o pasillo. Moitos mozos e moi bo ambiente. No acto, Alberto Sueiro presentoulles a idea que temos para poñer en valor o porto de Razo, cunha importante actuación para aumentar o seu atractivo turístico e como área de ocio. Consistirá na construcción dun novo dique de abrigo, creación dunha explanada e peirao, recuperación de calados, mellora dos accesos, mirador e servizo de restauración. O investimento será de 1.200.000 euros.
Ata Razo tamén se desplazou José Manuel Álvarez Campana, Presidente de Portos de Galicia, quen considerou que a actuación era viable e comprometiu a súa execución en canto fora posible.
E se o mitin de Razo foi un éxito incontestable, o de Bértoa foi simplemente impresionante. Os que levamos no Partido Popular máis de vinte anos non lembramos un mitin nunha parroquia con tanta asistencia coma o de onte, na escola da Rega. Máis de 200 persoas apoiaron á nosa candidata, Belén Ínsua, que tivo que pronunciar o seu discurso no exterior da escola, xa que dentro era imposible pola gran cantidade de xente que había.
Nunha intervención serena, emocionante e impecable, Belén metiuse á xente no bolsillo. Un discurso que demostra a preparación e o compromiso da xente que integra a candidatura do Partido Popular. Belén vai de número 9, polo que confiamos en que será concelleira. Carballo e Bértoa non poden desaproveitar a capacidade dunha política deste nivel.
Parte dos asistente ó mitin de Razo |
O Presidente de Portos, sobre o terreno |
Belén Ínsua |
Houbo que facer o mitin fóra, non cabía a xente dentro |
Etiquetas:
mitin
Máis contos de Evencio
Hans Christian Andersen ó seu lado era un pobre aprendiz...
Etiquetas:
video
martes, 17 de mayo de 2011
Éxito de “Teño unha pregunta para Alberto”
Con gran éxito, celebramos hoxe no xardín municipal o acto “Teño unha pregunta para Alberto”, no que o noso candidato se sometiu durante unha hora ás numerosas preguntas que lle formularon os asistentes, unhas orais e outras escritas. É a primeira vez que se celebra en Carballo algo similar: un acto no parque, aberto a todo o mundo e no que o político responde cara a cara ós seus veciños sin trampa nin cartón.
Na entrevista colectiva, moderada polo xornalista de La Voz de Galicia Toni Longueira, ó que lle agradecemos o seu perfecto labor, Alberto demostrou que coñece perfectamente a situación e problemas de Carballo, explicando cal será a resposta do goberno que presida a cada unha das cuestións que lle planteou o público, no caso de que sexa elexido alcalde.
Entre outros asuntos, preguntáronlle pola situación de abandono da parroquia de Sísamo (tónica que, como dixemos xa noutra entrada deste blog, se ven repetindo en toda a zona rural, que se sinte totalmente abandonada por este goberno); polas liñas xerais do seu programa; polos posibles pactos tralas eleccións, reiterando Alberto a nosa coñecida postura de que goberne a lista máis votada e de que non pactará con Andrade; pola situación económica do Concello (que é mala, dado que ten un Remanente negativo por primeira vez na historia); polo retraso no pago ós proveedores do Concello; polos soldos dos políticos (reiterou a promesa de reducir o gasto á mitade); polos saneamentos que están sin acabar; polas obras do mercado (edificio que ocupa máis espazo público e que carece de aparcamento), etc.
As súas intervencións foron moi aplaudidas polos numerosos veciños congregados.
Etiquetas:
campaña
lunes, 16 de mayo de 2011
Evencio Ferrero contratou irregularmente a unha candidata do BNG de Carballo
De todos é sabido que Evencio Ferrero presume de transparencia e obxectividade na contratación de personal. Sin embargo, como di o refrán, "dime de qué presumes y te diré de qué careces". Máis aló da propaganda e das frases rimbombantes, a realidade é ben distinta. Evencio Ferrero pode presumir de ser o primeiro alcalde de Carballo a quen o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia lle anulou unhas bases de selección de personal. E agora estamos ante un novo exemplo desta política clientelar que practica o BNG no Concello de Carballo.
Estes son os feitos comprobados, segundo acabamos de saber:
O 27 de maio de 2008 (BOP 6-6-2008), o alcalde Evencio Ferrero aprobou as bases para a contratación de 8 auxiliares de axuda a domicilio do Concello de Carballo. As bases prevían unha lista de sustitucións (base 7ª), establecendo:
1º.- Que só os/as aspirantes que superasen os exercicios da oposición e non obtiveran praza formarían parte dunha lista de sustitucións para cubrir futuras vacantes; e
2º.- Que a nova lista de sustitucións derogaría a anterior, do ano 2007.
A esta oposición do 2008 presentouse, xunto con outras 31 persoas, unha candidata do BNG nas últimas eleccións municipais celebradas en Carballo. Esta persoa tamén formaba parte da lista de interinidades do 2007 (lista que, segundo as citadas bases, quedaba derogada pola que se aprobase no 2008).
Feitos os exercicios da oposición aprobaron 11 personas para cubrir as 8 prazas ofertadas. A candidata do BNG foi calificada polo tribunal como “NON APTA”, xa que obtivo 27,80 puntos, cando o mínimo esixido eran 35. O 19 de setembro de 2008, o tribunal de selección aprobou a lista de sustitucións, integrada só polas 3 aspirantes que aprobaron a oposición sin obter praza. A candidata do BNG non podía formar parte da nova lista de sustitucións, porque as bases da convocatoria prohibían incluir na mesma ás persoas calificadas como “non aptas”.
Pois ben, o 4 de decembro de 2008, o alcalde dictou un Decreto ordenando incluir á candidata do BNG na nova lista de interinidades de 2008. O alcalde dictou esta orde infrinxindo as Bases, que establecían expresamente que a lista de interinidades de 2007 (da que formaba parte a candidata do BNG) quedaba derogada, e que na nova lista só poderían incluirse ás personas que superasen a oposición no 2008, cousa que a candidata do BNG non fixo.
Con esta decisión, Evencio Ferrero cometiu tres inxustizas:
1ª.- Perxudicou ás 3 personas incluidas na lista de sustitucións de 2008, xa que, ó ser máis personas a repartir as sustitucións, tocaría a menos traballo para cada unha: tería que pasar máis tempo para que poideran ser chamadas para traballar.
2ª.- Outras aspirantes que obtiveron maior nota que a candidata do BNG nas oposicións de 2008, sin embargo non foron incluidas na nova lista de sustitucións (por exemplo, unha aspirante con 32,70 puntos; outra con 33,50).
3ª.- O alcalde vulnerou flagrantemente as bases, que establecían expresamente as dúas condicións citadas: que a nova lista que salira do proceso selectivo de 2008 implicaría a derogación da anterior de 2007, polo que non se podían incluir personas da anterior lista na nova; e que para poder ser incluida na nova lista era requisito ter superado os exercicios da oposición de 2008.
Como consecuencia desta decisión ilegal do alcalde, a candidata do BNG empezou a traballar no Concello de Carballo como auxiliar de axuda a domicilio o 2 de marzo de 2009.
Para maior inxustiza, o propio Concello convocou en xaneiro de 2010 un novo proceso selectivo para cubrir unha praza de auxiliar de axuda a domicilio (BOP 26-1-2010), no que á candidata do BNG lle valoraron como mérito o ter feito esa sustitución (0,8 puntos por mes traballado no Concello de Carballo). Como consecuencia disto, dos 30 aspirantes que se presentaron, a candidata do BNG obtivo a maior nota na fase de concurso (que valoraba a experiencia laboral no Concello de Carballo). E, pese a que na fase de oposición (exame) sacou menor nota que outras 5 aspirantes, a candidata do BNG obtivo a nova praza, que sigue desempeñando na actualidade.
domingo, 15 de mayo de 2011
O que nos costa o goberno bipartito
(Pinchar na imaxe para ampliar) |
(Tamén se pode descargar o arquivo en pdf neste enlace)
Parece que ó candidato do BNG lle escoce que se saiba o que o seu goberno nos costa cada ano aos carballeses, e por iso non ten reparo en dicir medias verdades para escurrir o bulto. Pero a realidade é a que poden ver aquí, con datos oficiais facilitados no ano 2007 polos Departamentos de Intervención e Depositaría do Concello de Carballo: 364.918,80 euros.
Hai que engadir que neste cadro non está incluida a xornalista que o goberno bipartido contratou ó seu servizo, e que tamén cobra do Concello.
Tamén se ofrece a comparación cos salarios que percibía o último goberno do PP, e que Evencio Ferrero consideraba naquel momento "abusivos". Que cada quen tire as súas conclusións.
Etiquetas:
soldos
Os contos de Evencio
Espejo espejito mágico decid,... ¿no es este el Reino más perfecto y feliz?
Etiquetas:
video
Calendario de actos para os próximos días
Este é o calendario previsto de actos do Partido Popular de Carballo ata o remate da campaña:
Luns, 16 de maio:
Mitin na Brea (Centro Social), ás 9 da noite.
Martes, 17 de maio:
Ás 12 da mañán, Alberto Sueiro someterase ás preguntas que queiran formularlle os cidadáns, no acto "Teño unha pregunta para Alberto". Será no xardín municipal (ó lado da palmera).
Pola tarde, dous mitins: ás 8 no colexio de Razo; e ás 9 en Bértoa (escola da Rega)
Mércores, 18 de maio:
Mitin en Berdillo, ás 9 da noite (local social)
Xoves, 19 de maio:
Mitin en Sofán (centro social)
Venres, 20 de maio:
Este día fechamos a campaña co mitin central en Carballo, ó que asistirá o presidente Alberto Núñez Feijoo. Será ás 21:30 h., no Pazo da Cultura.
Luns, 16 de maio:
Mitin na Brea (Centro Social), ás 9 da noite.
Martes, 17 de maio:
Ás 12 da mañán, Alberto Sueiro someterase ás preguntas que queiran formularlle os cidadáns, no acto "Teño unha pregunta para Alberto". Será no xardín municipal (ó lado da palmera).
Pola tarde, dous mitins: ás 8 no colexio de Razo; e ás 9 en Bértoa (escola da Rega)
Mércores, 18 de maio:
Mitin en Berdillo, ás 9 da noite (local social)
Xoves, 19 de maio:
Mitin en Sofán (centro social)
Venres, 20 de maio:
Este día fechamos a campaña co mitin central en Carballo, ó que asistirá o presidente Alberto Núñez Feijoo. Será ás 21:30 h., no Pazo da Cultura.
Novo éxito en Rus
Máis de 80 personas nos acompañaron onte no mitin do teleclube de Ramil (Rus), unha das parroquias onde o PP obtivo sempre máis apoio.
Falaron Carlos Reyes, Marga Varela, Aurelio Núñez, Miguel Ferreiro e cerrou o acto a intervención de Alberto Sueiro.
Como ven sendo a tónica xeral, os asistentes queixáronse de que o goberno local non fixo case nada na súa parroquia. Pero tamén nos informaron de que nos últimos días andan por alía algúns operarios enviados polo concello facendo chapuzas de última hora coas que os actuais gobernantes intentan arañar algún voto. Menos mal que os veciños non se chupan o dedo, como se viu onte.
Falaron Carlos Reyes, Marga Varela, Aurelio Núñez, Miguel Ferreiro e cerrou o acto a intervención de Alberto Sueiro.
Como ven sendo a tónica xeral, os asistentes queixáronse de que o goberno local non fixo case nada na súa parroquia. Pero tamén nos informaron de que nos últimos días andan por alía algúns operarios enviados polo concello facendo chapuzas de última hora coas que os actuais gobernantes intentan arañar algún voto. Menos mal que os veciños non se chupan o dedo, como se viu onte.
Carlos Reyes, dirixíndose ós asistentes |
Vista parcial do público |
Programa do Partido Popular de Carballo (XVII). Novas tecnoloxías.
“Carballo Sen Fíos”: Acceso inalámbrico a internet en todo o territorio, mediante a combinación das tecnoloxías WiMAX e Wi-Fi.
Solucionaremos os problemas de cobertura da TDT.
Aproveitamento empresarial do telecentro municipal.
Instalaremos webcams situadas en puntos estratéxicos do concello, para que poidan ser consultadas online polos usuarios (Praias de Razo e Baldaio, estado do tráfico, etc.).
Implantaremos a tramitación telemática dos procedementos administrativos para posibilitar a realización da meirande parte dos trámites no concello dende o propio domicilio
Cremos no potencial das novas tecnoloxías para modernizar a Administración Local e aumentar a cercanía entre o concello e os cidadáns
Facilitaremos o acceso dos veciños ás novas tecnoloxías, financiando cursos para que aproveiten as vantaxes da sociedade da información
Fomentaremos a difusión das novas tecnoloxías entre os autónomos e pymes para aumentar a súa productividade
Priorizaremos as obras destinadas a estender as redes de comunicación e tecnoloxías da información.
Etiquetas:
programa
Programa do Partido Popular de Carballo (XVI). Participación e transparencia.
As actividades do Concello deben ser transparentes. Como compromiso xeral, os actos, os informes, os procedementos administrativos deben estar a disposición dos cidadáns, imperativo legal que o Concello de Carballo actualmente non sempre cumple.
O Concello rendirá contas de maneira permanente.
Se os cidadáns lle otorgan a confianza ó Partido Popular, estas serán as señas do estilo de goberno de Alberto Sueiro: a cercanía, a transparencia e o fomento real da participación cidadán.
Publicaremos en internet as actas, os presupostos anuais e demáis documentos de interese xeral.
Facilitaremos o acceso e a obtención de copias dos expedientes aos cidadáns que sexan interesados.
Facilitaremos a realización telemática de todo tipo de trámites administrativos.
Melloraremos a comunicación entre os cidadáns e os gobernantes impulsando a creación de blogs e encontros dixitais cos responsables políticos municipais.
Etiquetas:
programa
Programa do Partido Popular de Carballo (XV). Seguridade.
É necesario que exista unha maior presencia policial nas rúas.
Aumentaremos progresivamente os medios e o número de efectivos da Policía Local, ata alcanzar o ratio de 1 policía por cada 1.000 habitantes.
Insistiremos na construcción do novo cuartel da Garda Civil.
Seguiremos reclamando o regreso da Policía Nacional.
Etiquetas:
programa
Programa do Partido Popular de Carballo (XIV). Deporte.
Construcción da Cidade Deportiva no Parque Metropolitano do Bosque.
Aplicar criterios obxectivos na concesión de subvencións, uso de instalacións e convenios.
Facilitar a práctica deportiva a tódolos cidadáns como elemento fundamental da calidade de vida.
Reestructurar a área de deportes e o Padroado Deportivo Municipal, creando o Instituto Municipal do Deporte.
Dotar a estructura deportiva municipal de técnicos, para planificar, programar e executar a planificación estratéxica deportiva do concello de Carballo.
Non duplicar oferta de actividades e servizos do sector privado e asociativo. Desenvolver estratexias de colaboración.
Dar protagonismo ó asociacionismo no desenvolvemento das actividades deportivas municipais.
Establecer fórmulas de xestión mixta: compatibilizar xestión directa de servizos con xestión indirecta mediante concesións e concertos co sector privado e convenios co asociacionismo.
Crear e executar o Plan Rector de Instalacións Deportivas do concello de Carballo e o Plan Director de Actividades.
Potenciar a praia de Razo como referente nacional de práctica de surf e deportes de praia (voleipraia, futbol-praia, etc.), coa creación de instalacións permanentes.
Creación da escola de pesca, para fomentar a práctica deportiva da pesca fluvial e de costa, para promocionar este deporte de contacto coa natureza.
Completar a dotación deportiva do rural, establecendo espacios deportivos comúns, como por exemplo unha gran área de ocio e ampliación da zona deportiva nas Pedreiras, entre Berdillo e Sofán.
Potenciar deportes de contacto coa natureza: equitación, senderismo,…
Etiquetas:
programa
Suscribirse a:
Entradas (Atom)