Centrados en ti_________________Blog de campaña do Partido Popular de Carballo
sábado, 14 de mayo de 2011
Programa do Partido Popular de Carballo (V). Turismo.
Co apoio económico de Portos de Galicia, promoveremos unha importante actuación de mellora urbanística no Porto de Razo, para aumentar o seu atractivo turístico e como área de ocio. Consistirá na construcción dun novo dique de abrigo, creación dunha explanada e peirao, recuperación de calados, mellora dos accesos, mirador e servizo de restauración.
Creación dun gran albergue en Razo - Baldaio como punto de encontro e convivencia onde desenvolver actividades lúdicas, culturais e deportivas durante todo o ano: escolas de surf, remo, vela, motonáutica, buceo, etc., levando a cabo torneos de verán nas suas instalacións
Construcción dun mirador en Monte Neme
Colaboraremos coas asociacións de profesionais do sector turístico (hosteleiros, restauradores, axentes de viaxes, guías) e comercial para conseguir actuacións conxuntas atractivas para os visitantes e o destino, como programas de fidelización do turismo, de promoción específica, de formación e capacitación.
Impulsaremos o turismo rural como axente dinamizador da vida das nosas parroquias, recuperando e valorizando recursos naturais, patrimoniais e culturais no espazo rural.
Creación e sinalización de roteiros e itinerarios medioambientais, promocionando o turismo de contacto coa natureza e rendibilizando turísticamente os nosos recursos naturais.
Aproveitaremos o Pazo da Cultura para cedelo como sede de congresos
Apoio institucional a probas deportivas de carácter nacional, especialmente as vinculadas cos deportes de praia, náuticos e do motor.
Instalar elementos informativos e sinalización turística dentro e fóra de Carballo
Favorecer a explotación turística dos deportes náuticos e a dimensión termal de Carballo
Promover o desenvolvemento turístico da nosa costa mediante a creación de novos servizos: aparcamento, limpeza, vixilancia, actividades lúdicas e deportivas con monitores para as diferentes actividades no verán na praia (ximnasia, torneos, etc.)
No hay comentarios:
Publicar un comentario