O gran obxectivo para os próximos catro anos é mellorar os niveis de emprego e reducir a taxa de paro, que afecta hoxe, segundo datos oficiais, a máis de 3.500 conveciños. Para iso é necesario volver ao camiño do crecemento económico, recuperar o potencial da economía carballesa e transformalo en oportunidades de traballo.
O Concello de Carballo gobernado polo Partido Popular terá un papel importante á hora de favorecer a creación de emprego e as iniciativas empresariais mediante incentivos fiscais, formación (co apoio da Xunta de Galicia), planificación, promoción e apoio ao carácter emprendedor que dende sempre demostraron os carballeses e carballesas. Volverán a ilusión e a confianza.
Estas serán as bazas de Carballo para superar a crise:

As principais funcións desta axencia serán:
- Coñecer a fondo o tecido empresarial e comercial carballés, en especial o tecido de micropymes, así como as suas necesidades potenciais.
- Informar e asesorar ás pymes do municipio en relación cos recursos presentes no territorio.
- Apoiar o desenvolvemento e crecemento do tecido empresarial do concello a través de mecanismos de financiación, a posta a disposición de espacios productivos, etc.
- Mellora-la competitividade das empresas do concello.
- Xestionar e atraer inversions para a sua ubicación en Carballo.
- Coordinar tódolos servicios e recursos que presta o concello a empresas e investidores establecidos ou interesados en establecerse en Carballo.
- Promover o desenvolvemento de proxectos tractores do tecido empresarial local.
- Poñer en marcha mecanismos de acceso á financiación para proxectos innovadores.

- Bonificacións no Imposto de Construccións ligadas á xeración de emprego.
- Bonificacións para as empresas que se instalen no Parque Industrial: 25% no ICIO, 50% no IBI.
- Reduciremos o IBI nun 50% para os locais de autónomos, nos seus dous primeiros anos de actividade.

Este plan farase con urxencia, nos próximos 6 meses. Debe ter en conta 3 eixos fundamentais:
- A nosa posición física, próxima ó porto de Punta Langosteira. O porto exterior ten que supoñer unha panca de crecemento que non podemos desaproveitar. Aspiramos a que o Parque Industrial de Carballo se convirta no “porto seco” do porto exterior e que aproveite as sinerxias de Punta Langosteira.
- Entender o noso espacio empresarial conxuntamente co da Laracha.
- Recursos humanos e formación dos que dispoñemos.






No hay comentarios:
Publicar un comentario